lunes, octubre 26, 2009

EN TEMPOS DE VACINAS

BALMIS Y LOS NIÑOS DE LA VACUNA
AUTOR: Luis Blanco Laserna
Editorial: Plaza edición, Madrid

Paquillo, "Gero el Zoquete" e "El Lagartija" aburríanse no orfanato como un calcetín sen parella. Hasta que recibiron a visita do misterioso doutor Balmis, empeñado en ... ¡utilizar os seus corpos para trasladar unha vacina ata América! e, mentres que os vacinaba contra a variola, tamén os curou para sempre do aburrimento... grazas á máis fantástica aventura ó redor do mundo. Esta fazaña científica que salvou ó mundo da variola, comezou en novembro do 1803, partindo de Cádiz na corveta María Pita. Para transportar e conservar a vacina, debido á grande duración da viaxe, elixiuse a conservación en reservorios humanos: seleccionou un grupo de 22 nenos orfos da Casa de Expósitos de Santiago de Compostela, inmunes e sans, de idades comprendidas entre os 8 e 10 anos. Foron acompañados pola directora da Casa de Expósitos Isabel Sánchez Gómez.
A súa importancia queda manifesta ó destacar que foi a primeira vacinación a escala global. Jenner definiuna como "o máis nobre exemplo de filantropía que existe nos anais da historia".


Recomendado para tódolos niveis da ESO

No hay comentarios: