
Editorial: Alianza
Colección: Biblioteca Durrell (BA 0501)
O autor (India, 1925) de neno tívose que desprazar ca súa familia a illa de Corfú no Mediterráneo.
Resultado das emocións que lle produciron a fauna e flora da illa (fundamentalmente o comportamento na primavera (^^)) é esta obra na que describe cunha linguaxe fresca e cargada de ironía todo aquilo que vive e conforma a illa: as paisaxes e a vida e costumes de tódolos animais en perfecta harmonía co contorno.
Para saber máis do autor e a súa obra: http://es.wikipedia.org/wiki/Gerald_Durrell
TRAS LAS HUELLAS DE EVA (El misterio de los orígenes de la humanidad)
Editorial: Ediciones B. Barcelona.
Quen foron os nosos primeiros antepasados? É África o berce da humanidade? A busca das nosas orixes pode resultar unha actividade apaixoante. “Tras las huellas de Eva” traza un atractivo retrato de como viven e traballan os científicos que se dedican a buscar o eslavón perdido en distintos países dese marabilloso continente. Uns investigadores arriscan a súa vida en contornos hostís e cheos de perigos para solucionar o quebracabezas da evolución, nun campo onde cada teoría debe estar apoiada por meticulosas reconstrucións forenses que lembran as máis emocionantes novelas de detectives.
Xunto con Lee R. Berger, mozo estudoso desta ciencia, adentrámonos en profundas covas onde a luz da súa lanterna tropeza con ósos de millóns de anos, e compartimos a emoción do autor ao descubrir a pegada fosilizada dunha muller de curta idade que paseou por unha praia surafricana fai máis de cen mil anos, un descubrimento que podería alterar para sempre a nosa percepción da historia da humanidade.
EL GENOMA PARA PEATONES.
AUTOR: Antonio López Campillo
Editorial: Páginas de espuma
LYELL. EL FIN DE LOS MITOS GEOLOGICOS
Autora: Carmina Virgili
Editorial: Nivola Libros y Ediciones, S.L.
En 1875 dicíase que Charles Lyell foi o xeólogo máis importante do mundo nos últimos vinte e cinco anos. Aínda que a ciencia moderna comeza xa a finais do século XVII, a Xeoloxía, ben entrada a idade contemporánea, seguía sendo debedora da Mitoloxía. No longo proceso de constitución da xeoloxía como ciencia, Lyell desempeñou un papel clave, ao establecer os principios do razoamento xeolóxico e a definitiva independencia da teoloxía e a fe.O propio Darwin cando zarpou co Beagle levaba consigo o primeiro volume de “Principios de Xeoloxía” e ao facer escala pediu que lle enviasen o segundo.
CIENCIA PARA NICOLÁS
Autor: Carlos Chorda
Editorial: Laetoli
Un profesor de Ciencias de Educación Secundaria escribe un libro para un dos seus alumnos, Nicolás, ao que trata de introducir nun territorio realmente marabilloso: a ciencia. Paso a paso, Carlos Chordá leva a Nicolás polos entresixos deste mundo novo, o guía, o aconsella, o prevén, o anima. Sobre todo: lle ensina.
É un manual de uso e disfrute da ciencia e del podemos aprender todos.
CÓMO FABRICAR UN DINOSAURIO
Autores: David Lindley y Rob DeSalle
Editorial: Alianza
¿Resulta viable na actualidade a formulación científica da idea inspiradora das novelas de Michael Crichton «Parque Jurásico» e «El mundo perdido», levadas ao cine por Steven Spielberg, segundo a cal se poderían clonar dinosauros a partir do ADN atopado nun mosquito fosilizado en ámbar que os trabara? Partindo desta pregunta, os autores expoñen de forma amena os últimos avances no terreo da xenética e da bioloxía molecular, para concluír que, se ben se trata dunha especulación novelística, esta está baseada en avances e coñecementos científicos xenuínos, e que se poden anticipar os problemas que han de xurdir no camiño da clonación de seres vivos.Autores: Stephen Hawking e Lucy Hawking.
Editorial: Montena
Editorial: Montena
En especial aos cheos de curiosidade polo mundo que nos rodea. Tamén para os que desexen divertirse un tempo. É unha aventura trepidante dun neno e unha nena que viaxan polo Sistema Solar subidos nun cometa, que ven desde o espazo a Terra, tan bonita e tan fráxil, que gozan dun ordenador prodixioso, que van ao colexio, que desobedecen aos seus pais, que vencen aos malos. E ó tempo, é un espléndido libro cheo de explicacións sinxelas sobre o Big Bang, furados negros, o universo…etc.


No hay comentarios:
Publicar un comentario