![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiAYH9OHTLlH3Rbgosc2YC1T8ZhpgyAdo76gtTVKcI4ZFxTyPeiT6aJ2zDvOq4YI-wKdyVMMdFDaVG4w8kOieL1KI1tuH6g-x6BP5pEMVOjVvCLxamO3xghZjvb0gCfOPlMPbPRRqbGk2g/s200/C%25C3%25A1mara+1120.jpg)
Onte, os primeiros da ESO fostes ata o Forgoselo.
Saímos do instituto ás nove menos cuarto e xa viñeron connosco no autobús Cristina e Pedro, os nosos guías do
Club Montaña de Ferrol pola serra. Xa de camiño, Pedro, o biólogo, íanos achegando datos interesantes das cousas que viamos: o impacto da central térmica das
Pontes, o tipo de paisaxe no que nos adentrabamos, o gando autóctono...
Chegamos ao curro e, mentres agardabamos a que escampase, explicáronnos que o Forgoselo era un
LIC (lembrades o que significaba?), faláronnos da importancia da conservación e o respecto por todas as especies animais (lobos e xabarís tamén), xa que todas cumpren a súa función na natureza.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgvJkJ2xN7GQKGONyKBQqBOxSQ4TQoqkgx63l_gXJvo4J6z9IDXUdkY7oINqzapiNWlr4IFQcMvu4bAF6onMfwc09dl-iBnjY8kV9sjzDihVRbmYAqyPBQE7rbimcl60HNYN4eg2o7QsWw/s200/C%25C3%25A1mara+1109.jpg)
Logo tocou andar e descubrir todo un mundo de vida debaixo dos nosos pés, ata nas mesmas bostas que tanto noxo nos dan vimos que eran fonte de vida pra os escaravellos.
Aprendimos a diferenciar a mordida dun coello da dun peto nas pinas. Comprendimos perfectamente que non debiamos apañar ningún cogumelo sen levar connosco unha persoa experta, puidemos comprobar en vivo por que o "peido de lobo" leva ese nome.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhgSQgKGaSk36svzI_aIddLsoO6PflE8MtYOO6IVsJXaWPbBiwbClUQ5F8gE4sFgLwG9OuQRVO0aH4YIUK1WTxxTt5psHWOP6IE8D6merydDN6l0Z8qdTc1gNLsHoA_OFCjLxsDu7Pb3WU/s200/C%25C3%25A1mara+1123.jpg)
Volvimos ao refuxio do curro e comemos algo. Quedamos abraiados cando nos dixeron que alí ao lado había unha
mámoa . Explicáronnos en que consistían os enterramentos castrexos e aprendéronnos a comprobar se estaba "violada".
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhkGvLxff1pQbLtKHAwFDwq6EhtQKOqeFaw1T734dmQyhOGU0V9K4itqnzX6ti5upZV4Bib7aT4jgSu2pCAcWHBmN62kAKMx9jdQ0NbueexteH0ox7m2f9EPv3jsYkhQvYN9KEK-zk-8gM/s200/C%25C3%25A1mara+1103.jpg)
No propio curro imitamos os garañóns.
Para rematar a mañá fixemos un anaquiño do camiño de volta á pé.
Por certo, lembrades que era o que ten Pedro na man?
Ah! Preguntádelle á vosa profe de Ciencias como distinguir un sapo dunha ra.
Malia o frío e a chuvia, foi unha xornada onde aprendemos a mirar o chan e a natureza que nos rodea doutro xeito.
Se queredes ler algo máis sobre esta serra, a súa contorna, ou sobre o seu mundo animal e vexetal, pedide na biblioteca as guías que deixou Pedro para vós.
Como adoitan dicir por aquí: Que sexades felices!