viernes, octubre 08, 2010

Non te morras que inda es noviño ...

      Dicía na entrada anterior algo referente ó cabreo da Terra, pois ben, hoxe que o noso planeta amosa tanta tristura (¡non para de chorar...!) paréceme un bo momento para darche un pouco de "vidilla" ... querido blog. Non é que che atendera moi ben, nin con moita frecuencia, pero nunca me esquecín de ti. E agora, ... ¡agora moito menos!


Imaxe tomada agora mesmo da páxina de MeteoGalicia
      Velaí a causa de tanto chorar .... ¡Esperemos que se tranquilice!

      Que sexades felices tanto os lectores coma os que non  practican; pero asegúrovos que na lectura dos libros desa marabillosa biblioteca que podedes disfrutar, atoparíades moita satisfacción .
Ata outra.

No hay comentarios: