sábado, octubre 16, 2010

Mendoza ... ¡Sempre!

E. Mendoza na entrega do Premio Planeta (Agencia EFE)

      Concédenlle o Premio Planeta a Eduardo Mendoza pola novela titulada Riñas de gatos. Madrid, 1936.

      Felicidades e moitísimas grazas por tantas boas horas de lectura que pasei coas súas obras.

       Xa me tarda ler esta nova obra dun dos meus favoritos.
Ata outra. Sede felices!

2 comentarios:

Iolanda dijo...

Antonia, xa temos pedido "Riña de gatos. Madrid 36". Lembra que aínda tes o carné da biblioteca. Agardamos por unha entrada para o libro premiado en QUEREMOS LER.

Bicos morriñentos desta biblioteca

Socas dijo...

Ola, Iolanda eu xa o teño e lin a dúas primeiras páxinas (un bo e xeneroso amigo meu regaloumo onte). Pinta moi ben, pero claro, vindo das mans de quen vén (o escritor e máis o regalador) non pode ser doutro xeito.
Así mesmo me regalaron "Osos de santo" de Alfredo Conde, que tamén me gusta moito.
Un bico para toda esa tropa e que se vexa que escriben algo, que parece que este ano non fan comentarios. Sede tódolo felices que vos deixen e algo máis. Ta loguiño!. Antonia.