jueves, mayo 05, 2011

Ata sempre, Sábato

Autor da imaxe

          Acabo de enterarme da morte - o pasado día 30 - deste escritor (entre outras cousas).  

          Foron moitas boas horas as que pasei lendo as súas obras:

Novelas como:
  • "El tunel" 
  • "Sobre héroes y tumbas"
  • "Abaddón el exterminador"
Ensaios.
  • "Hombres y engranajes"
  • "Heterodoxia"
  • "Tango. Discusión y clave"
          Pero ademáis de escritor, Sábato era doutor en Físicas e traballou no Laboratorio Curie en París e no Instituto Tecnolóxico de Massachuttses (o mítico MIT), nos EEUU. A ciencia (mellor dito, as intencions da súa aplicación) provócalle unha crise existencial froito da cal xurde o artigo "Poderío e impotencia de Einstein".

          Dadas as circunstancias en que se atopaba o seu país, Arxentina, participou (e presidiu) durante a presidencia de Raúl Alfonsín, na Comisión Nacional sobre la desaparición de Personas: CONADEP, para a que elabora este informe.
Ata sempre, amigo.

Sede felices.

No hay comentarios: