lunes, marzo 22, 2010

MIGUEL DELIBES



          Noutro tempo coñecín  unha persoa incapaz  de ler, o seu “non era perder o tempo con esas cousas”. Triste, non si?, polo menos iso pensaba eu que sempre gocei das boas lecturas.
          Un día chegou ás mans deste ‘non lector’ un libro de Miguel Delibes e dende entón, a súa devoción por este escritor foi tan grande que acabou lendo todo o que escribira e escribiría Delibes.


          Fai uns días – o 12 deste mes – como xa ben sabedes, morreu Delibes. Deixou escritas unha morea de obras algunhas delas sobre temas da natureza. Algunhas levadas á TV, ó cine ou ó teatro (Impresionante o tremendo monólogo “Cinco horas con Mario” con Lola Herrera como Carmen).


          Do último que escribiu - en colaboración co seu fillo Miguel Delibes de Castro - unha obra que leva por título «La tierra herida: ¿qué mundo heredarán nuestros hijos?»  Significativo, non?.


                                                                                                                     Que sexades felices. Ata outra.

No hay comentarios: