lunes, diciembre 07, 2009

... Á RICA FEIXOA!!


 
Imaxe procedente de Infojardín

           Nestas latitudes no outono, podemos disfrutar (grazas, Hugo) inda que por moi pouco tempo, dunha froita deliciosa: a Feixoa.
           Nace dun arbusto chamado Acca sellowiana (Feijoa  sellowiana) ou Guayaba do Brasil, orixinario dalgúns países de Sudamérica.
          Esta especie pertence á familia botánica das Mirtáceas polo que podemos considerala prima dos tan desprezados Eucaliptos (Eucalyptus gobulus, entre outras especies), dos marabillosos Metrosideros (Metrosideros tomentosa, e outros) e, mesmo do Mirtos (Myrtus communis) ou arraiáns, moi utilizados como cerramento de fincas ou distribuidor de espazos (ou labirintos ...) nos xardíns.

Imaxe procedente da Wikipedia


          A feixoa é un froito ovalado, verde con un aroma e sabor característicos e unha polpa un pouco áspera (coma unha mestura entre pera e plátano).
          Pódese comer crúa ou facer compota ou doce do tipo do marmelo.

Receta para facer doce:
       10 feixoas peladas, cortadas en anacos. 
       100 gr. de azucre.
       300 ml. de auga.
Feitura: mesturar tódolos ingredientes e cocer a lume suave durante 2 horas.
          
          Pois a disfrutar e, que cunda!. Ata outro momentiño.


No hay comentarios: