sábado, diciembre 19, 2009

UN TERREMOTO ... PRETIÑO



 Imaxe procedente de "A lei do funil"

        O día 17 ás 2:37 hora de España, ó SW do cabo San Vicente (Portugal) con latitude 36,44 e lonxitude -10,03, rexistróuse un terremoto de 6 grados con epicentro a uns 29 Km. de profundidade que foi sentido en varias provincias españolas entre elas Coruña e Pontevedra.
          Despois deste terremoto houbo unha serie de réplicas (aproximadamente unhas 20) de entre 3,4 e 1,7 grados nese mesmo día.
          Ó día de hoxe seguen a acontecer tremores na mesma zona.

          Déixovos na barra lateral un enlace á páxina do IGN (Instituto Geográfico Nacional) dende onde se pode facer un seguimento ós tremores recentes e próximos.

Que sexades felices. Bo nadal!.




No hay comentarios: