viernes, febrero 12, 2010

EXCURSIÓN AOS MUSEOS CIENTÍFICOS DE A CORUÑA

O pasado martes día 9, os alumnos de 1º e 2º da ESO, xunto coas profesoras María, Mónica, Emilia, Antonia e Pilar, fumos de excursión aos tres Museos Científicos da cidade de A Coruña.
As 10 da mañá entramos na Casa das Ciencias, onde asistimos a unha proxección no Planetario sobre a evolución da vida. Nela, se fixo un denso percorrido dende a orixe do Universo ata a aparición do home sobre a Terra. Os rapaces portáronse moi ben e pensamos que o contido da proxección, aínda que era moi amplo, estaba axeitado para os seus niveis de coñecemento. Axúdalles a cuestionarse sobre as grandes preguntas da Ciencia.

A continuación todos nos distribuimos libremente polos andares da Casa das Ciencias, manexando, tocando, experimentando nas distintas presentacións interactivas. Destacamos a magnífica exposición temporal sobre o 150 aniversario da publicación de A orixe das especies de Charles Darwin.

O autobús levounos cara a nosa segunda parada A Domus. Alí pasamos un rato moi entretido coas distintas propostas. Salientamos a nova actividade "Power Mind" na que varios dos nosos enfrontáronse para ver a súas capacidades de concentración e relaxación. Pareceunos moi orixinal a maraña de ADN que invade o teito dunha zona do museo xa que entra polos ollos a magnitude desta molécula e fai pensar aos nenos nas  dimensións reais que poda ter na célula.

O día acompañounos e almorzamos moi plácidamente contemplando Riazor e Orzán dende a terraza da Domus. Alí fixémonos a foto de grupo.

Logo dunha agradable camiñata chegamos ata a Casa dos Peixes. Alí tivemos tempo para mergullarnos nas diferentes seccións do Acuario. Por suposto os reis da visita foron Gastón e Hermosa, as dúas quenllas-touro do Nautilus. As focas tamén nos gustaron moito. Na sala Maremagnum nos divertimos coas maquetas das embarcacións.

Esperemos que estas saídas tan enriquecedoras se repitan  e se algún de vos quere repetir a visita de xeito virtual aquí ten este enlace.

No hay comentarios: