sábado, noviembre 05, 2011

¿Achéganse os aliens aos predator ...?

Recreación de un asteroide pasando cerca de la Tierra. | AGE

          Un asteroide de casi 300 metros de lonxitude e moitas toneladas de peso pasará cerca da Terra ó próximo martes, 8 de novembro. A mole se aproximará ó noso planeta máis do que o está a Lúa, pero non hai perigo de impacto. Así o aseguran os investigadores do Observatorio de Arecibo (Puerto Rico), que estudaron a súa órbita.


P.d./ Sinto recurrir a páxinas con tanta propaganda pero é o que hai.

Que sexades felices. Ata sempre. 
Antonia

Volcáns submariños de El Hierro, Canarias


 Imaxes procedentes de "canarias24horas.com"

Dende fai tempo non escribía nada, pero penso que no momento en que nos atopamos hai varias noticias de interese para suliñar neste blog.
A primeira é esta dos acontecementos que están a suceder na illa de El Hierro. Penso que a mellor forma de coñecer esta situación é que vexades o vídeo que hai en esta páxina.
Ata sempre, sede felices.
Antonia

sábado, mayo 28, 2011

Química moi literaria ou... Literatura con moita química?


Trátase dun xogo. Consiste en ir enchendo as cuadrículas do Sistema Periódico cos títulos ou autores dos libros que leades ao longo do ano. Soamente ten que existir correspondencia entre o símbolo químico e certas letras do título ou nome do autor.
Preme na imaxe para ler as instrucións. Tes que rexistrarte e .. ¡a ler e xogar!
Sede felices. Ata outra. Antonia

jueves, mayo 05, 2011

Ata sempre, Sábato

Autor da imaxe

          Acabo de enterarme da morte - o pasado día 30 - deste escritor (entre outras cousas).  

          Foron moitas boas horas as que pasei lendo as súas obras:

Novelas como:
  • "El tunel" 
  • "Sobre héroes y tumbas"
  • "Abaddón el exterminador"
Ensaios.
  • "Hombres y engranajes"
  • "Heterodoxia"
  • "Tango. Discusión y clave"
          Pero ademáis de escritor, Sábato era doutor en Físicas e traballou no Laboratorio Curie en París e no Instituto Tecnolóxico de Massachuttses (o mítico MIT), nos EEUU. A ciencia (mellor dito, as intencions da súa aplicación) provócalle unha crise existencial froito da cal xurde o artigo "Poderío e impotencia de Einstein".

          Dadas as circunstancias en que se atopaba o seu país, Arxentina, participou (e presidiu) durante a presidencia de Raúl Alfonsín, na Comisión Nacional sobre la desaparición de Personas: CONADEP, para a que elabora este informe.
Ata sempre, amigo.

Sede felices.

viernes, febrero 18, 2011

Vídeos divulgativos:

Desde Divulgare chegan dous vídeos interesantes.




























O primeiro é unha animación 3D que trata de explicar a estratexia adaptativa que promove a bioluminiscencia en algas dinoflageladas.
 
Podes visionalo nesta dirección: 



O segundo  é unha animación en Flash que mostra as consecuencias da invasión do visón americano nos nosos ecosistemas.

Podes visionalo en:
Invasións biolóxicas

E, como dicía aquel bo comentarista de música: facede o favor de ser felices. Antonia.

miércoles, noviembre 17, 2010

Humildes os dous (home e cebola).

            Moitas son as especies botánicas que están integradas de diversas formas na literatura. Moi literarias son as fermosas buganvillas, as lilas, os narcisos, os xasmíns, as madreselvas ... e, como non, as rosas. Todas elas moi belas, moi rechamantes, foron tidas en conta polas súas flores, pero, en xeral, nunca polos seus talos, nin raíces, nin bulbos...
        
            Máis ao noso país a partires de Xullo do 1936, tócalle vivir un dos peores episodios da súa historia, un episodio cargado de fame e de morte. É, precisamente, debido a esa fame que a un bulbo, a cebola, chégalle o seu momento. 
¡Cebola e guerra, guerra e cebola!

            Miguel Hernández  (Orihuela, 1910 - 1948), un dos mellores poetas da nosa literatura, do que este ano celébrase o centenario do seu nacemento, escribe un poema dos máis marabillosos e máis tristes que se escribiron.
            O poeta atópase prisioneiro no cárcere de Torrijos en Madrid onde recibe unha carta da súa muller, Josefina Manresa, na que lle conta que tanto ela como o seu fillo non comen máis que pan e cebola; e é así que xorde este poema:

NANAS DE LA CEBOLLA

La cebolla es escarcha
cerrada y pobre:
escarcha de tus días
y de mis noches.
Hambre y cebolla:
hielo negro y escarcha
grande y redonda.

En la cuna del hambre
mi niño estaba.
Con sangre de cebolla
se amamantaba.
Pero tu sangre,
escarchada de azúcar,
cebolla y hambre.

Una mujer morena,
resuelta en luna, 
                se derrama hilo a hilo                
sobre la cuna.
Ríete, niño,
que te tragas la luna
cuando es preciso.

Alondra de mi casa,
ríete mucho.
Es tu risa en los ojos
la luz del mundo.
Ríete tanto
que en el alma al oírte,
bata el espacio.

Tu risa me hace libre,
me pone alas.
Soledades me quita,
cárcel me arranca.
Boca que vuela,
corazón que en tus labios
relampaguea.

Es tu risa la espada
más victoriosa.
Vencedor de las flores
y las alondras.
Rival del sol.
Porvenir de mis huesos
y de mi amor.

La carne aleteante,
súbito el párpado,
el vivir como nunca
coloreado.
¡Cuánto jilguero
se remonta, aletea,
desde tu cuerpo!

Desperté de ser niño.
Nunca despiertes.
Triste llevo la boca.
Ríete siempre.
Siempre en la cuna,
defendiendo la risa
pluma por pluma.

Ser de vuelo tan alto,
tan extendido,
que tu carne parece
cielo cernido.
¡Si yo pudiera
remontarme al origen
de tu carrera!

Al octavo mes ríes
con cinco azahares.
Con cinco diminutas
ferocidades.
Con cinco dientes
como cinco jazmines
adolescentes.

Frontera de los besos
serán  mañana,
cuando en la dentadura
sientas un arma.
Sientas un fuego
correr dientes abajo
buscando el centro.

Vuela niño en la doble
luna del pecho.
Él, triste de cebolla.
Tú, satisfecho.
No te derrumbes.
No sepas lo que pasa
ni lo que ocurre.

Pois iso, triste e marabilloso! ¿non sí? Ata outra. Sede felices!.

viernes, noviembre 12, 2010

Visitamos a serra do Forgoselo

Onte, os primeiros da ESO fostes ata o Forgoselo.

Saímos do instituto ás nove menos cuarto e xa viñeron connosco no autobús Cristina e Pedro, os nosos guías do Club Montaña de Ferrol pola serra. Xa de camiño, Pedro, o biólogo, íanos achegando datos interesantes das cousas que viamos: o impacto da central térmica das Pontes, o tipo de paisaxe no que nos adentrabamos, o gando autóctono...


Chegamos ao curro e, mentres agardabamos a que escampase, explicáronnos que o Forgoselo era un LIC (lembrades o que significaba?), faláronnos da importancia da conservación e o respecto por todas as especies animais (lobos e xabarís tamén), xa que todas cumpren a súa función na natureza.

Logo tocou andar e descubrir todo un mundo de vida debaixo dos nosos pés, ata nas mesmas bostas que tanto noxo nos dan vimos que eran fonte de vida pra os escaravellos.

Aprendimos a diferenciar a mordida dun coello da dun peto nas pinas. Comprendimos perfectamente que non debiamos apañar ningún cogumelo sen levar connosco unha persoa experta, puidemos comprobar en vivo por que o "peido de lobo" leva ese nome.

Volvimos ao refuxio do curro e comemos algo. Quedamos abraiados cando nos dixeron que alí ao lado había unha mámoa . Explicáronnos en que consistían os enterramentos castrexos e aprendéronnos a comprobar se estaba "violada".

No propio curro imitamos os garañóns.

Para rematar a mañá fixemos un anaquiño do camiño de volta á pé.
Por certo, lembrades que era o que ten Pedro na man?

Ah! Preguntádelle á vosa profe de Ciencias como distinguir un sapo dunha ra.

Malia o frío e a chuvia, foi unha xornada onde aprendemos a mirar o chan e a natureza que nos rodea doutro xeito.

Se queredes ler algo máis sobre esta serra, a súa contorna, ou sobre o seu mundo animal e vexetal, pedide na biblioteca as guías que deixou Pedro para vós.

Como adoitan dicir por aquí: Que sexades felices!

sábado, octubre 16, 2010

Mendoza ... ¡Sempre!

E. Mendoza na entrega do Premio Planeta (Agencia EFE)

      Concédenlle o Premio Planeta a Eduardo Mendoza pola novela titulada Riñas de gatos. Madrid, 1936.

      Felicidades e moitísimas grazas por tantas boas horas de lectura que pasei coas súas obras.

       Xa me tarda ler esta nova obra dun dos meus favoritos.
Ata outra. Sede felices!

viernes, octubre 08, 2010

Non te morras que inda es noviño ...

      Dicía na entrada anterior algo referente ó cabreo da Terra, pois ben, hoxe que o noso planeta amosa tanta tristura (¡non para de chorar...!) paréceme un bo momento para darche un pouco de "vidilla" ... querido blog. Non é que che atendera moi ben, nin con moita frecuencia, pero nunca me esquecín de ti. E agora, ... ¡agora moito menos!


Imaxe tomada agora mesmo da páxina de MeteoGalicia
      Velaí a causa de tanto chorar .... ¡Esperemos que se tranquilice!

      Que sexades felices tanto os lectores coma os que non  practican; pero asegúrovos que na lectura dos libros desa marabillosa biblioteca que podedes disfrutar, atoparíades moita satisfacción .
Ata outra.

lunes, mayo 10, 2010

A Terra mostra, unha vez máis, o seu cabreo.


          A verdade é que co trato que lle damos no ten nada de particular que estea a botar fume .... e cinzas. Para facelo escolleu un país totalmente volcánico: Islandia.
          Na imaxe (agora mesmo) podedes ver unha especie de río vermello que xurde no citado país e se diríxe ó Atlántico, fronte a Irlanda.
          As cinzas dos días anteriores seguen a espallarse por onde as leva a Atmósfera cos seus trasnos.

Que sexades felices. Ata outra.